Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerche un mellor servizo. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. Podes obter máis información na nosa política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
SEN NUMERAR FORUM METROPOLITANO - SALVADOR

SEN NUMERAR FORUM METROPOLITANO - SALVADOR

SEN NUMERAR FORUM METROPOLITANO - SALVADOR

 Atrás

Descripción

SALVADOR é un proxecto escénico da Cía. Borja Fernández para un actor/músico (Borja Fernández) e unha vídeo jockey/manipuladora de obxectos (Laura Iturralde), sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros.
SALVADOR é o nome da capital de Bahía, en Brasil. Por alí e por todo o estado emigraron moitísimos galegos nos anos 50 (o último éxodo galego a América), sobre todo do sur de Galicia, a maioría deles homes e de cinco aldeas da provincia de Ourense: Ríos, Laza, Pazos, Medeiros e Refogos.
De Pazos, Verín, era Benito Fernández Meiriño, o avó paterno de Borja Fernández; emigrou a Brasil o 5 de decembro de 1959 e desapareceu, ou fíxose desaparecer. Atopárono 18 anos despois, xunto a “miss garota do verão sulbahiano 1977” na localidade costeira de Ilhéus, 400 km ao sur de Salvador de Bahía.
Benito demorou 10 anos en escribir dúas cartas, en 1987, unha pedindo perdón pola súa fuxida, e outra dicindo que na seguinte carta explicaría ”la verdad cruda y desnuda de los hechos que me llevaron a dejarlos”. Esa carta nunca chegou e Benito faleceu en 2004; nunca regresou. El é o noso protagonista. O que pon a historia en movemento.
O detonante.

Duración: 60 minutos Espectáculo en galego

Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.