Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
XURXO SOUTO ( Falando a boca chea)

XURXO SOUTO ( Falando a boca chea)

XURXO SOUTO ( Falando a boca chea)

 Atrás

Descripción

Músico e escritor. En 1988 comezou a colaborar en diferentes medios de comunicación, nomeadamente na radio, onde conduciu os programas “A Tropa da Tralla” ( Radio Coruña) ou “Aberto por Reformas” ( Radio Galega).
Escribiu varios libros de relatos e dúas novelas. Foi director da película documental “Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo”. Con outros compañeiros do barrio creou Os Diplomáticos de Monte-Alto, conxunto bravú. Tocou o acordeón en Tres Trebóns e agora forma parte da Banda Xangai.
No 2020 resumiu nun libro estes trinta anos de escenario e ruta: PANGALAICA. Argumento principal do que esta tarde vos quere contar…


Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.