Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
VERA RILO (Falando a boca chea)

VERA RILO (Falando a boca chea)

VERA RILO (Falando a boca chea)

 Atrás

Descripción

Vero Rilo é contadora e educadora
Combina durante varios anos o traballo como educadora e narradora. Comeza a formarse con importantes referentes da narración oral galega e internacional, cursa dous anos de formación actoral con Carlos Neira no centro EspazoAberto e tamén formación regular en improvisación teatral e de técnica vocal de xeito que vai aprendendo a contar e no 2013 comeza a aventura de contar profesionalmente.
Emprende da man do seu amigo e acordeonista Santi Prieto, o seu proxecto conxunto de narración e música para público familiar e crea a compañía Daboapipa dándose a coñecer na escena galega con Contos de Animalario; pouco despois para público adulto con Historias de vida, guerra, amor e case morte. En 2015 toma o relevo musical Carlos Quintá para dar continuidade con Lavandeiras.
O rodar da vida e o interese pola primeira infancia fai que en 2017 forme a compañía Rilo&Penadique coa mestra, cantante e acordeonista Sonsoles Penadique para afondar no universo da narración con O pozo das Señoras e na música para bebés da que nace o espectáculo- obradoiro Arre ru”. E veñen de cubrir a franxa de idade familiar que lles quedaba coa estrea de “A formiga no carreiro” no Salón do Libro de Pontevedra en 2019.
Dende o 2018 investiga os límites e puntos de (des)encontro do contar e cantar coa vocalista Faia Díaz (De Vacas, Coro Encaixe) en Apatacón, Por unha peseta é unha sesión para adultos e está en continúa construción.
A longo deste tempo traballa tamén coa USC, o CFR Coruña e Semente Compostela deseñando e impartindo obradoiros para docentes onde fai convivir as dúas disciplinas que ocupan a súa vida e reflexionando sobre a narración e a práctica educativa. “Contar para medrar”, “Sentindo os contos?” ou “Cantar, contar e bailar” son algunhas das propostas formativas para profesorado e familias.

Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.