Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
RAMIRO NEIRA (Falando a boca chea)

RAMIRO NEIRA (Falando a boca chea)

RAMIRO NEIRA (Falando a boca chea)

 Atrás

Descripción

Diplomado en Maxisterio (especialista en Audición e Linguaxe) con moitos anos de experiencia en Galicia como actor, director, docente, produtor e distribuidor de diferentes espectáculos de Teatro.
Como actor traballou e traballa con diferentes grupos de Teatro: Artestudio Teatro, Sardiña, Tea, Estragón, Grupo Institucional da Universidade da Coruña, Teatro da Bufarda, Espello Cóncavo, Teatro da Lúa, Casa Hamlet, Patatín e Patatán, entre outros.

Como docente e Director coordinou grupos en: Sardiña, Gangarilla, Instituto María Casares, Centro Fonseca, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Concello de Ordes, Fogar do Maior do Barrio das Flores, Artestudio, Forum Metropolitano…).

Como produtor e distribuidor traballou con: Teatro da Bufarda, Hac Luce Universidade da Coruña, Teatro da Lúa, UVG Teatro, Galileo Teatro, Ballet Studio, Paparota Teatro, etc.
Actualmente compaxina os seus traballos como docente, actor e director ca Coordinación de diferentes proxectos do Concello de A Coruña e do Forum Metropolitano, como son o Programa Horas Punta, Mostra de Teatro Escolar e os Encontros de Teatro Independente de A Coruña.

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.