Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
Proxección do documental NACIÓN

Proxección do documental NACIÓN

Proxección do documental NACIÓN

 Atrás

Descripción

España - 2020 - 92 min
V.O. en galego

Moito se ten falado da loita obreira, pero poucas veces asomou no cinema o específico que esa loita ten para as mulleres: a apertura ao mundo que supuxo a incorporación ao traballo, no medio tamén de tempos convulsos para o sector fabril. A través das enérxicas e carismáticas mulleres da fábrica de cerámica da Pontesa (irmás galegas das cigarreras de Cádiz e Sevilla), Margarita Ledo constrúe un relato emocionante, combativo e poético dunha loita inconclusa: “unha película que trata do moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar senón en acceder ao traballo asalariado e á posibilidade de ser independentes. En resumo, o moito que nos custou ser Nación”.



o Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas ás que se lles diagnosticase a enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
o Evitaranse aglomeracións tanto fóra como dentro do local. Accederase de forma ordenada gardando a distancia de seguridade mínima de metro e medio.
o Na espera, acceso e permanencia no interior do recinto, atenderanse as instrucións do persoal en todo momento e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir a información da cartelaría e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar as sinalizacións en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, espera de quenda etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír das dependencias e dos aseos.
RECOMÉNDASE:
Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.