Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
OLGA ABAD ( Falando a boca chea)

OLGA ABAD ( Falando a boca chea)

OLGA ABAD ( Falando a boca chea)

 Atrás

Descripción

Olga Abad é unha narradora oral e escritora.
Aprendeu a contar contos grazas a paixón da familia polas historias, e tamén grazas ó seu paso pola cidade de Santiago de Compostela, onde por sorte coñecerá grandes artistas da escea galega.

Do 2006 o 2010 estudará técnicas de escultura e teatro na mesma cidade. No 2009 terá a seu debut cos contos, nun festival na rúa, no concello das Pontes e aquela será a semente para moitas máis sesión de contacontos. Do 2010 o 2014 traballará en varias compañías de teatro como actriz, directora e dramaturga, sendo a comedia o seu xénero o que lle colle máis agarimo. No ano 2018 voltará a mergullarse na súa paixón pola escritura, esquecida por moito tempo, e no 2019 cumprirá un dos seus soños, publicando dúas novelas: “Proyecto Escritor” e “Futuribles”.


Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.