Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
LORENA PINHEIRO ( Falando a boca chea)

LORENA PINHEIRO ( Falando a boca chea)

LORENA PINHEIRO ( Falando a boca chea)

 Atrás

Descripción

Lorena Pinheiro sabe contar historias dende que as historias veñen a ela.

Críase nun bar de aldea no que aprende a aplicar o método da súa avóa: escoitar para captar toda a atención da familia nos xantares dos domingos, coas últimas novidades sucedidas na parroquia.

Lorena Pinheiro perfecciona o método Saladina formándose con Paula Carballeira, Celso Fdez. Sanmartín, Raquel Queizás, entre outros para
comezar a contar de maneira profesional no ano 2018. Forma parte dende os seus comezos do colectivo de narración oral NOGA.

Sendo unha das novas voces do panorama da narración oral galega, ten contado no Festival Falando a Boca Chea da Coruña, no Falar por Falar de Pazos de Borbén, no Festival Atlántica como novas voces, no programa da TVG Luar xunto a Celso Fdez. Sanmartín, nas bibliotecas de Oleiros, e en escolas, institutos e ducias de centros culturais.


Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.