Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
INAUGURACIÓN E PRESENTACIÓN DO PROXECTO MEMORIA  (Falando a boca chea)

INAUGURACIÓN E PRESENTACIÓN DO PROXECTO MEMORIA (Falando a boca chea)

INAUGURACIÓN E PRESENTACIÓN DO PROXECTO MEMORIA (Falando a boca chea)

 Atrás

Descripción

Memoria é unha proposta que nace do Festival Falando a Boca Chea, un proxecto de narración oral, de docencia, de formación teatral e de intercambio de experiencias.
Un punto de encontro da narración oral, de conversas e de aprendizaxes,que acabarase convertendo nun espectáculo escénico da palabra e a memoria

Memoria, expansión do Festival Falando a Boca Chea é unha ampliación do Festival Falando a Boca Chea que se desenvolve principalmente no Concello da Coruña chegando tamén a territorios limítrofes coma Oleiros, Arteixo, Sada e outros espazos. Esta extensión nace coa idea de deixar pegada nas comunidades que cohabitan o festival, recollendo historias e vivencias das nosas maiores e dos nosos maiores, facéndoas partícipes do Festival Falando a Boca Chea.

O Proxecto Memoria ten un inmenso valor á hora de crear de arquivo e memoria colectiva: os colectivos participantes removen as historias pasadas para tráelas ao presente como toda a implicación emocional que isto compete.
Coa extensión da actividade Memoria a concellos limítrofes da cidade da Coruña, pretendemos recoller historias das veciñas e veciños (de a partir de 65 anos) a través de sesións de reflexión e intercambio entre os colectivos dos nosos e as nosas maiores con narradores e narradoras profesionais (Soledad Felloza, Charo Pita, Caxoto e Ramiro Neira) que saben escoitar, reflexionar e converter todas estas realidades nunha pequena peza de narración oral, tecida coas historias das participantes nestes procesos de creación, para despois compartir co público de cada municipio e do Festival Falando a Boca Chea, no seu primeiro día.
Esta actividade de recollida de historias desenvolveuse entre os mesas de xaneiro a marzo 2021 e o proceso verase acompañado por un equipo de vídeo que gravará e recollerá partes desta formación e das propias historias das persoas participantes. Este material tanxible de Memoria facilitará a difusión do proxecto á poboación xeral, contribuíndo á creación dunha memoria colectiva dos concellos participantes.


>Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMENDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.