Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
CÁNDIDO PAZÓ ( Falando a boca chea)

CÁNDIDO PAZÓ ( Falando a boca chea)

CÁNDIDO PAZÓ ( Falando a boca chea)

 Atrás

Descripción

Comeza a súa actividade como actor en 1975, vinculándose ao nacente movemento teatral de Vigo e de Galicia e sendo un dos “ benjamines” das xeracións xurdidas ao redor dos primeiros encontros da histórica Mostra de Ribadavia. Na súa formación é necesario resaltar o seu paso pola “École Philippe Gaulier”, en París, que acabará deixando moita pegada nos seus traballos de escritura e posta en escena.
Despois dunha primeira etapa de actor en diversas compañías e no CDG, debuta como autor e director de escena con O melro branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil, 1989), peza representada pola súa compañía Tranvía Teatro. Dirixindo a compañía Ollomoltranvía, pon en escena o seu traballo máis soado, “Commedia, un xoguete para goldoni”, espectáculo de comedia dell’arte polo que recibe varios premios.
Realizou postas en escena, adaptacións ou traducións para diversas compañías galegas e o CDG, traballando con textos propios ou doutros autores da talla de Roma Mahieu, Gil Vicente, Quico Cadaval, Marco Antonio da Parra, Suso de Toro, Sanchís Sinisterra, Therry Jones, Umberto Eco ou Itziar Pascual.
Actor e director multipremiado en varias ocasións nos premios nacionais de teatro Max e nos autonómicoa María Casares, formou parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Maratón Europea da Creación Teatral, dentro do programa de actividades da Capitalidade Cultural Europea de Bruxelas, 2000.
No campo da narración oral, máis aló das súas constantes actuacións en locais especializados, participou en numerosos festivais en España, Portugal e América Latina e imparte un seminario anual sobre “a oralidade no actor” na Escola Superior de Música e dás Artes do Espectáculo do Porto.


Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.