Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.  Leer la política de cookies
carrito shopping_cart
ÁNGELES GOÁS (Falando a boca chea)

ÁNGELES GOÁS (Falando a boca chea)

ÁNGELES GOÁS (Falando a boca chea)

 Atrás

Descripción

Nacín nun pequeno barrio de Abadín, provincia de Lugo. Cheguei a este mundo con présa, coma se algo me urxira, sen saber moi ben o que… A tía Victorina e a mamá Flor, andaban por alí de cando en vez, e contáronme os meus primeiros contos. Tanto me gustaron que peguei o pedir un conto na miña boca.

Souben axiña que viñera ao mundo para escoitar porque cando o facía, nada me urxía e dediqueime so a iso. Escoitaba a coñecidos e descoñecidos, aos vellos e non tan vellos, aos parentes que viñan de lonxe e aos de preto, aos meus amigos, aos veciños…
De tanto escoitar, faltoume o contar, fun unha nena tímida con moitas palabras dentro que se atrancaban e non sabían ir para fóra. Tiñan medo, por iso me levou moito convencelas de que estar sempre dentro non era bo, nin para elas, nin para min.
Un día entendín que, quen escoita historias, ten que contar algunhas (que non todo o que che contan se pode contar) e empecei, aos poucos, a buscar quen me ensinase a facelo. Así, coñecín grandes mestres , persoas que admiro e espero que deixaran algo de pouso en min.
Gústame, sobre todo, contar do que me contan, do que escoito, do que calei de nena… algunhas son historías tinguidas de realidade, outras coa tinta caprichosa da memoria ou tecidas con fantasía…


Será de OBRIGADO cumprimento:
style=text-decoration:underline>
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.