Titulada superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección escénica e dramaturxia pola ESAD de Galicia e actriz cas compañías Ubú Teatro, Escena T e Pinconús.Como narradora oral posúe unha extensa experiencia en festivais, ciclos, programa de TV e mesmo en campañas escolares. Tamén ten unha grande experiencia como pedagoga teatral en diversos centros educativos e socioculturais e exerce a docencia sobre narración oral no Centro de Interpretación de Oralidade do Concello de Vigo.
Ten recibido varios premios de dramaturxia e foi nominada en 2018 ao premio María Casares de Mellor texto orixinal por Resaca de Il Maquinario Teatro.
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.
• O uso da butaca asignada na entrada, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamento familiar.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.